xoves, 5 de Xullo de 2018 - 09:07

Continuamos navegando por Galicia Norte. Mares de Experiencias.
Se tés unha empresa do sector turístico ou mariñeiro, convidámoste a unha sesión informativa na que poderás coñecer en que consiste este proxecto e os beneficios que conleva a adhesión e participación no mesmo.
A Xornada celebrarase no día de hoxe en Cedeira ás 17.00hr., na Biblioteca do auditorio Municipal.
Trátase dun proxecto totalmente gratuíto, organizado polos GALP A Mariña - Ortegal e GALP Golfo Ártabro Norte.
Non o dubides e Sube a Bordo!!!