Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA DIVULGACIÓN EDLP_GALP A MARIÑA-ORTEGAL_"Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo"


Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao quinto dos seis parladoiros que o GALP A Mariña-Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.

A xornada terá lugar en Cariño, o vindeiro Venres 29 de Novembro de 18:30-20:30, na Casa do Concello

A diversificación da actividade pesqueira a través da pesca-turismo e o turismo mariñeiro, centrará o debate desta reunión, na que se contará coa experiencia “mariñeiroporundía”, de valorización da pesca costeira artesanal, e coa participación da Asociación Amarturmar Turismo Mariñeiro. Ambas experiencias son claves na dinamización da Estratexia de Economía Azul en Galicia, xa que son exemplos pioneiros no impulso de actividades de diversificación promovidas por persoas profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro, que viron nas actividades de turismo unha oportunidade para a valorización dos seus oficios e da cultura mariñeira.

A xornada estará estruturada do seguinte xeito:
- Presentación xeral da estratexia do GALP A Mariña-Ortegal e o programa de axudas FEMPA 2021-2027.
- Espazo de networking donde se compartan experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de proxectos innovadores, ligados ao desenvolvemento sostible.
- Espazo participativo, no que se fomente e apoie o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais, a creatividade de proxectos e oportunidades de negocio, empregando o FEMPA como unha ferramenta de apoio/financiamento para o desenvolvemento local participativo.
- Degustación de produto mariñeiro.