Xornadas Divulgativas sobre o potencial económico e laboral do turismo mariñeiro.
O proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte, mares de experiencias” continúa o seu calendario de accións formativas coa convocatoria de 5 xornadas de difusión da cultura mariñeira.
CALENDARIO DAS XORNADAS DE DIFUSIÓN
Cedeira. Martes, 19 setembro. Horario: 11:00-12:30h. Biblioteca do Auditorio Municipal. Rúa Convento, s/n Baixo, esq. R/ María Mediadora •
Miño. Mércores, 20 setembro. Horario: 11:00-12:30h. Casa do Pescador. Rúa Curro, 33 • Viveiro. Luns, 25 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Multiusos do Concello - Praza Pastor Díaz, •
Foz. Martes, 26 setembro. Horario: 11:30 horas. Salón da Casa da Cultura. Rúa Lugo, 1 •
Narón. Mércores, 27 setembro. Horario: 11:00 – 12:30 horas. Salón Café Teatro. Pazo da Cultura, Rúa Holanda, s/n
Durante estas sesións abertas a calquera interesado, informarase sobre o potencial económico e de xeración de emprego do turismo mariñeiro.
Este proxecto de cooperación interterritorial "Galicia Norte. Mares de Experiencias".terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega.
Outro dos obxectivos é formar á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.
Máis información, no seguinte enlace:
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/20170915np_galicianortemarese...

