Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas Gastronómicas-Xove mirando ao mar

O Concello de Xove, no marco do proxecto financiado a través do GALP A Mariña-Ortegal, Xove mirando ao Mar, celebra os días 25 e 26 unhas XORNADAS GASTRONÓMICAS: O Tapeo do Mar.

Unhas xornadas de exaltación do produto pesqueiro e marisqueiro da Mariña-Ortegal para o desfrute de veciños e visitantes.

As xornadas contarán cun convidado estrela o Chef Estrela Michelín Miguel Cobo.

O xoves 25 ás 20:30 no pavillón de deportes de Xove levarase a cabo unha demostración de cociña da man do prestixioso cociñeiro.

E o Venres 26 ás 20:00 os hostaleiros do municipio van a realizar o Tapeo do Mar no que os asistentes poderán degustar as tapas elaboradoas con produtos do noso mar e asesoradas polo propio chef MiguelCobo.

Maís Información sobre este Proxecto: http://mirandoaomar.xove.es/