Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xove acolle a exposición A Mariña Somerxida do 10 ao 27 de setembro

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida do o GALP A Mariña-Ortegal, segue os seu itinerario. Nesta ocasión estará exposta dende o día 10 ao 27 de setembro na sala de exposición do Salón de Actos en Xove, no horario de luns a venres de 18:00h a 22:00h.

A exposición consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría, e pon en valor a biodiversidade somerxida.

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida é sen dúbida un referente para a concienciación medioambiental e divulgación mariña.