
A Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal, realizadas as correccións oportunas, tendo en conta as alegacións presentadas con respecto á PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL, publicada o 9 de abril de 2026, aprobou a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA, correspondente aos proxectos presentados segundo a Orde do 12 decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, que pode consultarse nos seguintes documentos:
Esta proposta definitiva non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.
Esta proposta está condicionada ao crédito orzamentario suficiente e a súa distribución segundo o establecido no artigo 2.2. da Orde de Axudas, quedando os proxectos que non acaden axuda por falla de crédito, en lista de agarda no mesmo orde que figura nesta proposta.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da sede do GALP A Mariña-Ortegal, tal como se reflicte no artigo 20.2 da Orde do 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar.

