xoves, 4 de Xullo de 2019 - 11:07

A Exposición Fotográfica "A Mariña Somerxida", que organiza o GALP A Mariña Ortegal dentro da súa programación de actividades de animación para o 2019, continua o seu itinerario. Nesta ocasión estará no Concello de Cervo, dende o 8-31 xullo na sala de exposicións das Antigas Caboeiras de Sargadelos e no Museo do Mar de San Cibrao.
Unha oportunidade para descobrir a beleza da nosa diversidade mariña.
Entrada de balde e para todos os públicos!