venres, 28 de Agosto de 2020 - 02:08

Recibida comunicación no día de hoxe da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, comunicámoslles:
"Tendo en conta que a día de hoxe non teñen sido resoltas as solicitudes relativas á primeira fase de adxudicación para proxectos de investimento produtivo, NON está prevista a realización dunha segunda fase de adxudicación de axudas a PROXECTOS PRODUTIVOS na convocatoria correspondente á anualidade 2020.
No caso de PROXECTOS NON PRODUTIVOS, hoxe mesmo foron resoltas as últimas solicitudes presentadas en marzo polo que SÍ pode celebrarse a SEGUNDA FASE".
Prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de setembro (incluído)

