Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ADHESIÓN DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL Á REDE REDMAR

O GALP A Mariña-Ortegal está adherido á Rede REDMAR dende o pasado mes de febreiro, participando activamente nas accións desenvolvidas no marco da mesma.

A Rede REDMAR, que foi creada no ano 2013 pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo - FUNDAMAR e a Organización de Produtores de Buques Conxeladores de Merlúcidos, Cefalópodos e Especies Varias – OPPC-3, ten como obxectivo contribuír ao fomento de experiencias a bordo e á mellora do intercambio de boas prácticas en rede en materia de igualdade de oportunidades, seguridade a bordo e medio ambiente. Actualmente esta Rede consolidase no marco do Proxecto REDMAR II, co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, dentro do Programa Pleamar do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Pódese ver mais información sobre o proxecto no seguinte enlace:

http://redmar.es/proyecto/

A finais de maio tivemos no Porto de Vigo a primeira xornada de traballo do Proxecto REDMAR II, enfocada á diagnose da situación actual do emprego de mulleres a bordo de buques pesqueiros, das dificultades de acceso, das necesidades do sector, do impulso da formación e da xeración de oportunidades.

Mais información: http:http://redmar.es/2018/05/29/i-jornada-de-trabajo-del-proyecto-redmar-ii/

Pódese ver mais información sobre outras novas e eventos no seguinte enlace:

http://redmar.es/noticias-eventos/#noticiasredmarpage