
O proxecto consiste na construción de catro apartamentos turísticos, ambientados tanto no seu aspecto exterior, como na súa decoración interior, co ambiente mariñeiro.
A localización do proxecto, é no Zopetal-A Devesa, no Concello de Ribadeo.
Ademais do servizo de aloxamento, o promotor ofrecerá aos clientes actividades complementarias encamiñadas a amosar o ambiente mariñeiro da zona, para o que se organizarán actividades de turismo activo, rutas en bicicleta, visitas guiadas á Praia das Catedrais, ao Porto de Rinlo e ás súas cetarias e actividades de turismo mariñeiro dirixidas por monitores especializados propios da empresa ou procedentes doutras empresas do territorio, coas que se establecerán convenios de colaboración.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Ampliar a oferta hostaleira de calidade na zona.
Desenvolvemento de rutas turísticas.
Estancias turísticas en apartamentos con ambiente mariñeiro.
Información ao visitante de tradicións mariñeiras a través de charlas, guías, folletos informativos.
Dotar á zona dun servizo turístico de calidade, coa creación de prazas hostaleiras con temática mariñeira.
Realización de actividades de turismo activo relacionadas co mar e a natureza.
Colaboración con outras empresas da zona para complementar os servizos que se lle ofrecen ao visitante e achegalo ao medio que o rodea.
Construción de catro apartamentos turísticos.
Acondicionamento de inmobles e a contorna.
Definición de actividades de turismo activo encamiñadas a mostrar o ambiente mariñeiro da zona.
Visitas a cetarias da zona e actividades de turismo mariñeiro.
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.3: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)