
O GALP A Mariña-Ortegal convida o vindeiro luns 29 de outubro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros.
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/famtripmarinaortegal
Tamén poderán facer uso do transporte público específico que fará paradas no concello de Narón ás 9:00 e no Hotel Las Sirenas de Viveiro ás 10:00. A volta a Narón será ás 17:50.
O evento contará cunha visita ao Barco Museo Reina del Carmen e outra ao faro de Estaca de Bares.
PROGRAMA:
- 09:00 – Recollida de participantes no concello de Narón
- 10:00 – Recollida de participantes no Hotel las Sirenas de Viveiro
- 10:45 – Visita ao Barco-Museo Bonitero "Reina del Carmen"
- 12:30 – Xornada de traballo :Identificación dos recursos e potencialidades de desenvolvemento.
- 13:30 – Elevator pitch
- 14:30 – Pincho mariñeiro
- 16:00 – Visita ao Faro de Estaca de Bares
- 17:00 – Chegada a Viveiro
- 17:50 – Chegada a Narón e Fin do programa

