Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O alumnado do CEIP San Cosme Barreiros visitan o CECUMAR

O martes 11 de xuño foron os alumnos do CEIP de San Cosme os que participaron nas actividades previstas dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2019», promovido polo  GALP A Mariña Ortegal.

Visitaron o Centro de Cultivos Mariños (CECUMAR) de Ribadeo, centro de investigación mariña de referencia en Galicia.

Os escolares aprenderon sobre organismos mariños e sobre a cría e cultivo de especies de moluscos bivalvos como as ameixas. Falamos tamén sobre os ecosistemas das rías, a importancia de coidar estes espacios naturais e a posta en valor do marisqueo.

Máis info: http://maresdecultura.es/o-ceip-de-san-cosme-no-centro-de-cultivos-marinos-de-ribadeo/?fbclid=IwAR3gJnbhpkVeyfkHRm_wUBJAQrWqgiCvM-xxVIROaJJrpUZT7b11-s_XrcE