Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal abre unha nova oficina de información na zona do Ortegal.

O GALP A Mariña-Ortegal, co fin de facilitarlles aos promotores da zona do Ortegal o acceso á información sobre as convocatorias e requisitos das axudas e evitar que teñan que desprazarse ata a oficina de Viveiro, abre un punto de información en Cariño.

Para este fin, o Concello de Cariño puxo a disposición do GALP a Oficina de Desenvolvemento Local, sita na Casa do Concello, 2ª planta.

O Servizo de información e asesoramento a posibles emprendedores, será levado a cabo pola Xerente do GALP (Mar López-Leitón) tódolos xoves de cada mes, con horario de 10:00 h. a 15:00 h., e comezará o xoves 5 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda remata o día 1 de marzo de 2020.

Pódese solicitar cita para informarse sobre as nosas axudas no teléfono 606 56 85 06.