Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal comeza "Mares de Cultura, os Nenos e o Mar "

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, preséntase nesta cuarta edición como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante os meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2018. Nesta edición, a campaña convertese nun referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respecto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal.

Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:

Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña, a labor do GALP é a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que serve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.

Xornada de excursións e actividades: Nesta edición contamos cun total de 23 actividades entre as cales destacan varias novidades de grande interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.

Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2018: Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademais nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións dean a súa perspectiva sobre o mar.

Mais información no seguinte enlace: http://maresdecultura.es/comeza-mares-de-cultura-os-nenos-e-o-mar-2018/