
Os resultados do proxecto foron presentados onte nun concurrido acto público presidido polo Vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal, Alfredo Llano García, o Vicepresidente do GALP Golfo Ártabro Norte, César Longo Queijo, o Tenente de Alcalde e Concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. A presentación da parte técnica correu a cargo do responsable da empresa executora do proxecto, Valora Consultores.
O obxectivo desta iniciativa financiada con Fondos Europeos a través do FEMP, é poñer en valor o rico patrimonio turístico mariñeiro do territorio, así como mellorar a competitividade das empresas relacionadas con produtos do sector do mar e pesqueiro relacionados co turismo, poñendo en valor os oficios mariñeiros tradicionais e os produtos do mar locais.
http://www.cronica3.com/2018/12/os-galp-do-golfo-artabro-norte-e-a-marin...