Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proceso de Selección e Contratación de Xerente do GALP A Mariña-Ortegal- DATA, HORA E LUGAR DA PROBA ESCRITA

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica na base cuarta.- “PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA, SOLICITUDES” das bases reguladoras, procédese á publicación da LISTA DEFINITIVA de persoas admitidas para concorrer a este proceso, ao non existir candidatos excluídos, tal e como se recolle na base quinta.- “DESENVOLVEMENTO DO PROCESO”, no seguinte enlace:

 

Así mesmo, de conformidade coa base quinta, convócase aos aspirantes definitivos para a realización da fase 1ª (proba escrita), que se realizará o vindeiro mércores, día 20 de decembro ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), sita en Rúa do Porto, 4, 27863 Celeiro, Lugo