
O GALP A Mariña-Ortegal participou na Xornada de Networking organizada pola Fundación Vodafone e a Xunta de Galicia, Vodafone Connecting for Good Galicia, que tivo lugar onte, 30 de maio, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
En primeiro lugar presentáronse os seis proxectos desta I Edición “Connecting for Good Galicia” e, na segunda parte da Xornada entregáronse os diplomas aos participantes e entregáronse os premios:
“Conectados pola accesibilidade”, ao proxecto Insulclok presentado por José Luís López
“Mellor proxecto da edición”, ao proxecto Robobo presentado por Francisco Bellas.
Entre os proxectos presentados está Xesmar, presentado por Pablo Dorgambide, que pode ser de moita utilidade para o sector marisqueiro de Galicia. Trátase dunha plataforma deseñada especificamente para dito sector, que ofrece ás Confrarías de Galicia unha ferramenta que mellora o servizo que dan aos seus mariscadores e socios, á vez que afooran tempo e diñeiro. A través da súa aplicación móbil, os mariscadores terán ao alcance da man toda a información relativa ao seu traballo.