Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación Avaliación Final do FEMP e nova Estratexia FEMPA

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal remata o proceso de avaliación final da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo tras o peche do período FEMP 2014-2020 e presenta o documento guía que fará de timón no novo período do FEMPA ata 2027.

Tras a avaliación final do traballo desenvolto polo grupo na xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca en colaboración coa Consellería do Mar que o grupo vén desenvolvendo nos últimos meses, presenta o próximo mércores as conclusións e a súa nova Estratexia que estará en vigor ata 2027.

Para dar comezo a esta nova etapa porá en común coas persoas asistentes a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. O documento, froito dun proceso de participación desenvolto dende este pasado verán, marca as liñas de traballo do GALP no novo período do FEMPA que se extende agora ata 2027.

A xuntanza terán lugar o próximo mércores 14 de decembro ás 17h nunha sesión no Concello de Viveiro (Praza Maior, 1).